Esta é unha lista das cancións
máis escoitadas de decembro do 2013
1º-
Timber.
É unha canción do rapero cubano Pitbull, en
colaboración coa cantante estadounidense Ke$ha. A canción foi lanzada o 7 de
outubro de 2013 e alcanzou o número un no Billboard Hot 100 dos Estados
Unidos, converténdose na segunda melodía de Pitbull que chega ao posto número 1 nesa lista. Este foi un
logro que conseguiu anteriormente, en 2011, coa súa canción Give Me
Everything. A canción foi lanzada
polo produtor musical Dr. Luke.
2º-
Counting Stars.
É unha canción realizada pola banda
estadounidense de pop rock OneRepublic, incluída no seu terceiro álbum
Native. Foi lanzada o 14 de xuño de 2013 como a terceira melodía do álbum.
Foi composta por Ryan Tedder e producida polo mesmo Tedder e Noel Zancanella.
A canción converteuse nun éxito
internacional, sendo unha das mellores da banda nos últimos anos. Liderou a
lista de cancións do Reino Unido, e nos Estados Unidos subiu ata o posto número
2 do Billboard Hot 100.
3º-
The Monster.
É unha canción do artista estadounidense de
hip hop Eminem, coa voz invitada da cantante barbadense Rihanna e está incluída
no octavo álbum The Marshall Matters. A canción foi producida por
Frequency e é a cuarta colaboración entre Eminem e Rihanna, despois de Love
The Way You Lie, a súa secuela en 2010, e Numb en 2012. Esta melodía
foi lanzada o 29 de outubro de 2013, como a cuarta canción do álbum e a canción reflicte os
demos internos de Rihanna mentres que Eminen reflexiona sobre os efectos
negativos da fama.
Esta canción converteuse na primeira
de Eminem en lograr o número un no Billboard Hot
R&B/Hip-Hop Songs e alcanzou o top ten en Austria, Bélxica,
Italia e España.
4º- Let Her Go.
É unha canción do cantautor inglés Mike
Rosenberg mellor coñecido como Passenger, o seu nome artístico. Foi gravada nos
estudos Linear Recordings, e está coproducida polo propio Mike e por
Chris Vallejo. A canción lanzouse en xullo de 2012 e é a segunda do seu
terceiro álbum All the Little Lights, pero nn foi ata principios do 2013
cando comezou a facerse popular en Europa, ata o punto de converterse nun dos
vídeos máis difundidos por internet. Este foi o primeiro éxito de Passenger
coñecido internacionalmente.
5º- Wake me up.
É unha canción realizada polo DJ e produtor
sueco Avicii. Figura o cantante estadounidense Aloe Blacc sen o seu
consentimento, e o guitarrista de Incubus, Mike Einziger participante tamén nas
guitarras e na composición. Esta canción foi lanzada o 17 de xuño de 2013 como
a primeira do álbum debut de Avicii #TRUE, lanzado á súa vez ao mercado
o 17 de setembro de 2013. Converteuse nun éxito comercial a nivel internacional
alcanzando o número un en máis de 30 países. A canción chegou a vender 267.000
copias na súa primeira semana e é a primeira en lograr este rexistro desde
decembro de 2012.
6º-
Wrecking Ball.
É unha canción interpretada pola cantante
estadounidense Miley Cyrus, e está incluída no seu cuarto álbum Bangerz. A canción, está producida e composta
por Dr. Luke e Cirkut e foi lanzada o 25 de agosto de 2013 como unha canción
promocional. Debido ao seu éxito, promocionouse como a segunda melodía do
álbum. A canción é unha balada-pop e a súa letra fai referencia á situación na que te encontras cando rematas
unha relación amorosa. Esta canción recibiu eloxios por parte dos críticos máis
importantes da industria musical, e calificaron o rango de voz da cantante como
agresivo e transgresor, e á canción como maxestuosa.
7º-
Blurred Lines.
É a canción que da título ao álbum
do cantante de R&B Robin Thicke. Foi lanzada como a primeira melodía do
álbum o 26 de marzo de 2013 e conta coas colaboracións vocais do rapeiro T.I. e
do cantante e produtor Pharrell Williams, A canción foi composta e producida
por Thicke e polo mesmo Williams. Foi un éxito en todo o mundo e liderou a
lista do Billboard Hot 100
por doce semanas consecutivas. Nos Estados Unidos vendéronse máis de 5 millóns
de copias en tan só en 22 semanas, polo que se converteu nun récord na historia
das ventas dixitais. O 28 de xullo do 2013, a canción rexistrou un novo récord
sendo a máis difundida polas radios, e Interscope confirmou que, a partir da
última semana de xullo do 2013, a canción chegou a máis de 242.650.000 de
oíntes.
8º-Safe
and sound.
É unha canción do dúo estadounidense
de indie rock Capital Cities. Foi lanzada mundialmente en abril do 2013.
Posteriormente foi incluída no álbum debut da banda In a Tidal Wave of
Mystery, editado en xuño do 2013. Tamén foi utilizado en Alemaña nun
comercial de Vodafone, co cal axudou a incrementar a súa popularidade alzándose
co posto número 1 na lista alemá das mellores cancións. En cambio, nos Estados
Unidos, obtivo a primeira posición en Alternative songs e chegou ao
número 8 do Billboard Hot 100.
Un dos integrantes do dúo Ryan Merchant
mencionou sobre a canción: “Nun momento de crisis total esta canción
representa o antídoto, a tendencia a mirar cara á humanidade con máis
normalidade, sen medos apocalípticos”.
9º-Roar.
É unha canción interpretada pola
cantante e compositora estadoundense Katy Perry, incluída
como a primeira do seu álbum PRISM. Esta
canción debutou na radio o 10 de agosto do 2013 e alcanzou a primeira casilla
do Billboard Hot 100 dos Estados Unidos, polo que
se converteu na súa oitava canción en alcanzar esta posición. Foi composta pola
mesma Katy, en compañía de Bonnie McKee e Henry Walter. A canción é do xénero power
pop e liricamente descíbese coma un "himno de poderío"
no que Perry se levanta, despois de ter "descuberto
o poder dentro de si mesma". Dende
o seu lanzamento, «Roar» foi etiquetada por parte dos críticos
como "pegadiza", e compárana con «Firework», unha das
cancións máis coñecidas de Perry.
10º-I Need Your Love.
É unha canción do productor e DJ escocés
Calvin Harris, coa colaboración da cantante inglesa Ellie Goulding. Esta
melodía está incluída no terceiro álbum de Harris, 18 Months e a canción
foi lanzada o 2 de abril do 2013,
como o séptimo single deste álbum.
Harris logrou un récord ao
converterse no primeiro artista capaz de introducir oito cancións dun mesmo
álbum dentro do Top 10 do Reino Unido. Nos Estados Unidos, a canción alcanzou o
número dezaseis, a quinta de Harris en ingresar no Top 40. Tamén alcanzou o
número quince en Nova Zelanda e o número tres en Australia onde foi certificada
co disco de platino.
Os artistas máis
destacados do 2013:
1ª
Miley Ray Cyrus
Creo que non me equivoco ao comezar
o top con esta muller tan radical pois foi a que máis polémica desatou arredor
do mundo musical. Miley Cyrus comenzou o ano sendo a nena boa que nunca rompeu
un prato e o acabou estando en boca de todos ao falar de divas musicais, pois
seu radical corte de pelo só foi un comezo e a estadounidense non se ía quedar
contenta: ata facer unha actuación refregándose con calquera cantante nos
premios da MTV ou fumarse un extraño cigarrillo nos EMA.
Parabéns aos que levades a imaxe
pública de Miley Cyrus, que coa fama conseguida
non lle faltou quen escoitara We can't stop e Wrecking Ball para lle
dar o visto bo e chegar aos máis altos postos musicais.
2º
Imagine Dragons
Este grupo que a algúns soaravos a
chinés, ou polo menos pareceravos un nome fóra do común, non é nada más nin nada
menos que o grupo representante do rock alternativo deste ano 2013, aínda que o
grupo formouse no 2008. O seu éxito alcanzouno agora tras ser aceptado por
todas as revistas, radios e cadeas musicais
o seu novo álbum Night Visions e súa canción Radioactive a
máis escoitada de Spotify.
3º
Macklemore
Este de aquí, cun nome difícil de
pronunciar, é o rapeiro da canción máis escoitada en todo o 2013, señores: Thrift
Shop, que encabezou a lista Billboard Hot 100 durante seis semanas,
dándolle seu primer éxito. Pero Thrift Shop non foi todo o que deu a
fama a Macklemore xa que aínda se gardaba outro ás na manga: Can't Hold Us, un
single que engadiu ao seu vendido
álbum debut The Heist. Actualmente non se separa do seu compañeiro
musical Ryan Lewis co que ten producidas a maioría das súas cancións.
4ºLady
Gaga
Esta enigmática cantante levaba
desde o 2012 prometéndolles aos seus fans que sacaría outro disco chamado Artpop
que ata Novembro de 2013 mantivo impacientes aos seus fans, aínda que antes
filtrou a canción “representante” deste álbum: Applause, que debido aos
medios de comunicación mantivo unha “rivalidade pola fama” fronte a canción Roar
de Katy Perry. Gañadora ou non o que si podemos dicir é que Lady Gaga, coma os
outros anos, faise notar tanto na música coma nas “pasarelas”.
5ºRihanna
Robyn Rihanna Fenty, máis coñecida
como Rihanna, este ano xa o iniciu batendo o récord de visitas na súa conta
vevo de Youtube onde sobe todos os seus videoclips (catro mil millóns de reproducións)
e chegou aos máis altos éxitos do ano con The monster, a segunda canción
que interpreta con Eminem despois de Love The Way You Lie no 2012.
Rocío Castillo Pérez (1º BCH B)
Víctor Fernández Benito (4º ESO B)
Ningún comentario:
Publicar un comentario