Slide

venres

Os meus oito apelidos vascos.

A raíz do grande éxito que tivo e está a ter a película española "Ocho apellidos vascos", intereseime en pescudar un pouco máis acerca das miñas raíces, aproveitando un libro que fixo meu curmán hai un par de anos, e ao que nunca lle prestara atención ata este momento, sobre a nosa familia, os Mendía.
As miñas raíces vascas remóntanse ao meu bisavó, o avó do meu pai, nado en 1877 en Guipúzcoa, Euskadi, que tras falecer á miña bisavoa, da Coruña, ambos acabarían vivindo en Vigo o resto da súa vida.
Resulta fascinante volver anos atrás no tempo e coñecer, aínda que sexa un pouco, sobre esa parte da miña familia paterna, á que non cheguei a coñecer persoalmente e tamén sobre aquela época, os anos 30, moi transcendental na historia de España, coa Segunda República, a Guerra Civil e o posterior réxime franquista.
O meu curmán conseguiría descubrir, recompilar e transmitir así toda a información posible sobre aqueles que foron antes de nós, subíndonos nós mesmos ao derradeiro vagón deste tren e pasar logo o testemuño aos que virán no futuro.
Con isto, poderíanse contar una chea de cousas, é un estudo sen fin e sen retorno, de nunca rematar, remontándonos ata a 12ª xeración de avós, pero como non teño intención de aburrir a ninguén, remato isto, orgullosa e mencionando, como non, os meus oito apelidos vascos: Mendía, Lopetegui, Yrastorza, Otamendi, Gorostidi, Yrazuzta, Yraola e Echeverría.
Marta Mendía Sertal. 2º BCH C

Ningún comentario:

Publicar un comentario