Tras varios meses do curso vendendo as
rifas dunha cesta de Nadal os alumnos de cuarto da ESO ao final conseguiramos a
esperada excursión a Madrid. Tivéramos que madrugar o primeiro día para estar
con todas as maletas ás sete da mañá na porta do instituto, pois esperábannos
catro longas horas hasta chegar a Salamanca. Alí pararíamos a comer e xa de paso visitar os sitios principais
coma a fachada da Universidade, a Praza Maior ou a Catedral ademais da hora
libre que nos deran os profesores para visitar a cidade pola nosa conta.Pola
noite chegamos ao hotel Boadilla onde estivemos aloxados todas as noites da
excursión.
O segundo día tiveramos que madrugar outra
vez, se de verdade queríamos tomar o almorzo non podíamos faltar na sala de
abaixo ás oito, pois xa quedaran puntuais cunha guía que desde o autobús nos
ensinarían o Madrid dos Austria a fondo. Á hora de comer paramos nun
restaurante cerca da Porta do Sol, onde despois tiveramos unha hora para
visitar o lugar e outra máis que nos deixarán os profesores tras ver o Museo de
Cera.



No terceiro día fóramos ao Museo do Prado
pola mañá, non tiveramos tempo de ver moitas das salas xa que estábamos visitándoo
cunha guía e tiñamos que ir ao zoo, onde pasaríamos case toda a tarde. Despois
de acabar de ver todas as instalación do zoo, leváronnos a un centro comercial
da cidade para andarmos ao noso aire e logo írmonos xa cara ao hotel.
O cuarto día xa sabíamos que non
visitaríamos máis Madrid porque nos esperaba unha longa viaxe de volta a Vigo.
Paramos en Segovia para ver partes emblemáticas como o Alcázar ou o Acueduto.
Mais tarde paramos en León a comer e visitar o Palacio de San Ildefonso e os
seus xardíns. Finalmente chegamos a Vigo ás doce.
Victor Fernández Benito. 4º ESO B.



Ningún comentario:
Publicar un comentario