Slide

venres

Oasis

A marxinación da muller no ámbito cultural e as reticencias dalgúns a que sexan recoñecidas sempre foron evidentes, e que agora premien o traballo dalgunhas intelectuais femininas non significa que a desigualdade estea superada, nin moito menos que debamos deixar de reinvindicar o papel da muller neste ámbito.

A muller foi apartada da cultura.A sociedade patriarcal e, por que non dicilo, capitalista; relegouna a un papel meramente produtivo, obrigándoa a cargar co peso dunha familia e un traballo que, para mais inri, é considerado de menos valor que o que realiza un home.



Aínda que pareza mentira, na actualidade seguen preservándose estes valores e a sociedade é claramente remiso a que unha muller destaque en calquera campo, xa sexa no científico, no literario ou no culinario por citarmos algúns exemplos.

Que hoxe en día aínda sorprenda o feito de que unha muller sexa premiada polo seu traballo, demostra ata que punto está ancorado o xénero feminino á inferioridade intelectual.

A xente vive enganada, mediante enganos, mentiras e manipulacións, convencen ás persoas de que as barreiras impostas ás mulleres están superadas. Así conseguen que sexan aplaudidas institucións como a RAE, por exemplo, por incluír a catro académicas no seu liceo, pero non criticada polo feito de que soamente sexan catro, cando en total hai ao redor de sesenta membros.

Encubertamente seguen relegando ás mulleres á escuridade, e destacando a cinco ou seis como se fosen un prodixio, un oasis no deserto intelectual e cultural feminino, avogando que o único que pode aportar unha muller é sensibilidade e romanticismo, negando que poidamos ser expertas nalgún campo. En definitiva, menosprezando e menosprezando a nosa capacidade de razoar, de investigar e de saber.


                                                                                                                     Antía Davila. 2ºBCH E

Ningún comentario:

Publicar un comentario