Slide

mércores

Películas máis esperadas do 2014



Este ano no que estamos traerá á nosa gran pantalla unha considerable cantidade de estreas adaptadas a todos os gustos. Dende superheroes, continuacións de sagas ou novas adaptacións literarias.


-Comezamos cunha desas continuacións de sagas: Sinsajo Parte I, terceira parte de Os Xogos da Fame que tanto éxito tivo coa súa primeira película estreada no 2012 como coa súa continuación a finais do 2013. Nesta película, continuaremos coas aventuras da valente Katniss Everdeen tras sobrevivir a gran cantidade de riscos. A súa estrea prevense para o 21 de Novembro.



    


-Da mesma actriz protagonista, Jennifer Lawrence, tamén teremos a estrea da segunda parte dos X-Men, eses superheroes de cómic tan aclamados  que continuarán as súas aventuras na película que recibe o nome de X-Men: Días do futuro pasado.


     

-Duns superheroes a outro, temos o Capitán América: o primeiro Vingador que, en realidade, recibe o nome de Steve Rogers e trata de readaptarse a súa vida corrente, pero unha serie de perigos obrigaráo a unirse con outros compañeiros con superpoderes para poder resolver o conflito. Xa se atopa nos nosos cines.


     


-E retomando a idea dos vampiros tan tratada nos últimos anos, temos unha nova adaptación literaria, Vampire Academy, que narra como Rose Hathaway terá que enfrontarse a unha nova vida protexendo a unha herdeira vampiro. A súa estrea aínda non está moi clara na carteleira española.


           
 




 -E dunha película de ficción cambiamos a unha completamente tráxica e realista: Baixo a mesma estrela. Narra a historia de dous rapaces, Hazel e Gus, que comezan a namorarse, pero se enfrontan a un problema grave: ambos teñen cancro.
A súa historia poderá ser vista a partir do 22 de Agosto.

     


-A nova entrega de Transformers, A era da extinción, tamén verá a luz este ano. Nela, recuperaranse os robots que tanto éxito tiveron na pantalla o 27 de Xuño.



       





-Os fans do libro Diverxente tamén están de parabéns, xa que a adaptación do inicio da triloxía, que narra un futuro dividido en faccións, poderá verse nas nosas pantallas a partir do 30 de abril.

            


-E non só hai adaptacións de libros recentes. Maléfica narrará a historia da malvada bruxa do conto de A Bela Durminte. Ademais, o personaxe principal será interpretado pola fermosa Angelina Jolie. Poderá verse nos cines a partir do 30 de Maio.


      


-Outro superheroe que nos atrapará nos cines farao coas súas teas de araña e será Spiderman, coa continuación da súa primeira parte que recibirá o nome de The Amazing Spider-man: o poder de Electro. Chegará aos cines o 16 de Abril.



      




En resumo: haberá películas para todos os gustos, repartidas entre os diferentes meses do ano. Veremos se triúnfan ou non nos cines como o fixeron algunhas coas súas primeiras partes e, outras, para ver se teñen o visto bo dos espectadores para continualas.

E ti, que películas tes pensado ir ver?



                                                                       Lara Iglesias Goberna, 1º C de bacharelato

Ningún comentario:

Publicar un comentario