Slide

venres

Ata sempre.

Seis anos que levo no Santa Irene e aínda recordo coma se fose onte a primeira vez que crucei as súas portas, no 2008, cunha mochila de flores repleta de libros, libretas, medo, un pouco de vergoña, pero sobre todo ilusión por unha nova etapa que comezaba.
Ao longo de todos estes anos aprendín moitas cousas, crecín e madurei, coñecín a xente incríbel, amigos que sempre estarán comigo aínda que agora os nosos camiños se dividan, e aínda que tamén houbese malos momentos e bágoas, coma na vida mesma. É verdade iso que din de que só te quedas cos mellores momentos cando unha experiencia foi boa; sen dúbida que esta o foi e levo o seguiente:

Os meus oito apelidos vascos.

A raíz do grande éxito que tivo e está a ter a película española "Ocho apellidos vascos", intereseime en pescudar un pouco máis acerca das miñas raíces, aproveitando un libro que fixo meu curmán hai un par de anos, e ao que nunca lle prestara atención ata este momento, sobre a nosa familia, os Mendía.

xoves

Viaxe de fin de curso, Madrid 2014.

Tras varios meses do curso vendendo as rifas dunha cesta de Nadal os alumnos de cuarto da ESO ao final conseguiramos a esperada excursión a Madrid. Tivéramos que madrugar o primeiro día para estar con todas as maletas ás sete da mañá na porta do instituto, pois esperábannos catro longas horas hasta chegar a Salamanca. Alí pararíamos a comer  e xa de paso visitar os sitios principais coma a fachada da Universidade, a Praza Maior ou a Catedral ademais da hora libre que nos deran os profesores para visitar a cidade pola nosa conta.Pola noite chegamos ao hotel Boadilla onde estivemos aloxados todas as noites da excursión.




venres

Oasis

A marxinación da muller no ámbito cultural e as reticencias dalgúns a que sexan recoñecidas sempre foron evidentes, e que agora premien o traballo dalgunhas intelectuais femininas non significa que a desigualdade estea superada, nin moito menos que debamos deixar de reinvindicar o papel da muller neste ámbito.

A muller foi apartada da cultura.A sociedade patriarcal e, por que non dicilo, capitalista; relegouna a un papel meramente produtivo, obrigándoa a cargar co peso dunha familia e un traballo que, para mais inri, é considerado de menos valor que o que realiza un home.

luns

Consumismo


A sociedade dexenerou seriamente. Hoxe en día a xuventude deixa moito que desexar, e hei de admitir que os medios de comunicación teñen gran parte da culpa.

Continuamente avasálannos con produtos e prendas pensadas para acadar o ideal de beleza  que nos venden e nós, obedientes, intentamos acadar a toda costa.

mércores

Películas máis esperadas do 2014



Este ano no que estamos traerá á nosa gran pantalla unha considerable cantidade de estreas adaptadas a todos os gustos. Dende superheroes, continuacións de sagas ou novas adaptacións literarias.

Mirando a través do visor

Son Itsaso Fernández Riveiro, a gañadora dun pequeno concurso de fotografía e fotógrafa da galería da revista dixital TRÉGOLA formada por alumnos/as do IES Santa Irene de Vigo.

A miña paixón fotográfica comezou cando hai uns anos fun de viaxe a Berlín e me fascinaba todo o que vía; as rúas, monumentos, museos, a xente... Todo o quería fotografar para ter o recordo de cada momento e experiencia. Ao chegar a 
Vigo, cando camiñaba pola rúa víao todo de forma distinta; a cada cousa que non parecía ter encanto, víalle o lado bonito e queríao reflectir.
Hai algo máis dun ano, agasalláronme cunha 
réflex, entón entrei pouco a pouco neste amplo mundo e no tempo que tiña libre saía de ruta fotográfica.
A cada excursión, viaxe, ou mesmo a dar un paseo ao sitio máis irrelevante levaba a cámara, descubrín que a fotografía era unha das miñas afeccións, o meu “hobbie”.

xoves

Os dez animais mais intelixentes do mundo




No reino dos Metazoos existe unha gran diversidade de especies que presentan o que nos denominamos “intelixencia” xa sexa instintiva, racional ou racional baixo adestramento. Como  a palabra intelixencia é un termo moi complicado á hora de definilo, para poder clasificar aos membros animais deste modo tense en conta varios factores como a capacidade para resolver problemas, o entendemento, a maneira de relacionarse entre eles, etc.

domingo

As mellores cancións para comezar o 2014.

Esta é unha lista das cancións
máis escoitadas de decembro do 2013

1º- Timber.
       É unha canción do rapero cubano Pitbull, en colaboración coa cantante estadounidense Ke$ha. A canción foi lanzada o 7 de outubro de 2013 e alcanzou o número un no Billboard Hot 100 dos Estados Unidos, converténdose na segunda melodía de Pitbull que chega  ao posto número 1 nesa lista. Este foi un logro que conseguiu anteriormente, en 2011, coa súa canción Give Me Everything. A  canción foi lanzada polo produtor musical Dr. Luke.