Slide

venres

Ata sempre.

Seis anos que levo no Santa Irene e aínda recordo coma se fose onte a primeira vez que crucei as súas portas, no 2008, cunha mochila de flores repleta de libros, libretas, medo, un pouco de vergoña, pero sobre todo ilusión por unha nova etapa que comezaba.
Ao longo de todos estes anos aprendín moitas cousas, crecín e madurei, coñecín a xente incríbel, amigos que sempre estarán comigo aínda que agora os nosos camiños se dividan, e aínda que tamén houbese malos momentos e bágoas, coma na vida mesma. É verdade iso que din de que só te quedas cos mellores momentos cando unha experiencia foi boa; sen dúbida que esta o foi e levo o seguiente:

Os meus oito apelidos vascos.

A raíz do grande éxito que tivo e está a ter a película española "Ocho apellidos vascos", intereseime en pescudar un pouco máis acerca das miñas raíces, aproveitando un libro que fixo meu curmán hai un par de anos, e ao que nunca lle prestara atención ata este momento, sobre a nosa familia, os Mendía.

xoves

Viaxe de fin de curso, Madrid 2014.

Tras varios meses do curso vendendo as rifas dunha cesta de Nadal os alumnos de cuarto da ESO ao final conseguiramos a esperada excursión a Madrid. Tivéramos que madrugar o primeiro día para estar con todas as maletas ás sete da mañá na porta do instituto, pois esperábannos catro longas horas hasta chegar a Salamanca. Alí pararíamos a comer  e xa de paso visitar os sitios principais coma a fachada da Universidade, a Praza Maior ou a Catedral ademais da hora libre que nos deran os profesores para visitar a cidade pola nosa conta.Pola noite chegamos ao hotel Boadilla onde estivemos aloxados todas as noites da excursión.