Slide

xoves

Robin Williams


Un dos actores de cine cómico máis famosos faleceu o 11 de agosto de 2014 á idade de 63 años no seu domicilio de Cayo Paraíso, preto de Tiburón, California.
Naceu o 21 de xullo de 1951 en Chicago, estado de Illinois. Durante a súa infancia e adolescencia non mostrou interese pola interpretación e foi, ao trasladarse a Marina County, cando se interesou polo teatro. Esta nova afección conseguiu que ingresara na importante academia de interpretación Juilliard School en Nova York.
Empezou actuando en películas non moi recoñecidas, pero que o levaron a traballar con profesionais, actores e directores de prestixio.
Este actor de cine hollywoodense, é principalmente coñecido polos seus papeis cómicos como o de Señora Doubtfire, pero foron os seus papeis máis dramáticos os que o encamiñaron ao Óscar, gañado pola película O Indomable Will Hounting, nos que demostrou a súa capacidade de adaptación a cada xénero.
Ademais, o seu talento na comedia permitiulle exercer á vez de cómico e esta faceta da súa carreira reforzou unha das grandes figuras da comedia, da que ninguén se esperaba un fondo tan tráxico. Robin Williams tivo serios problemas persoais na súa vida. Tivo una grave adicción á cocaína durante as décadas dos 70 e os 80. Foi a morte (por problema de drogas) do seu íntimo amigo John Belushi, o feito que fixo que Williams recoñecese o seu erro, xusto no momento máis crítico da adicción. No obstante, en 2006 publicouse que tras 20 anos de abstinencia ao alcohol, Williams volvera á bebida. En canto á súa saúde, Williams sufriu problemas cardíacos que motivaron que se lle substituise a válvula aórtica. Ao parecer, tamén sufría la enfermidade de Parkinson. O 11 de agosto de 2014 foi atopado o seu corpo sen vida na súa casa de Cayo Paraíso, en California. Robin Williams quitárase a vida.
Dito isto, é a vida de Robin Williams un claro exemplo da vida de cada actor. Por moi bos que sexan facendo rir ao mundo enteiro, estes profesionais estarán levando a cabo o seu traballo e empregando as súas habilidades de interpretación só para cubrir no máximo posible a súa vida persoal.