Slide

sábado

As 20 películas que máis recadaron da historia

Dende que se ten conta do diñeiro gañado na industria cinematográfica é posible coñecer aquelas películas que máis sobresaíron e conseguiron maiores beneficios, das cales imos destacar 20.

No número 20 temos Harry Potter e a pedra filosofal (2001), a primeira entrega da saga do famoso mago Harry Potter escrita por J.K Rowling , que recadou 974,7 millóns de dólares.


No 19 atopamos O Rei León, a película de animación estreada en xuño do 1994 que recadou 987,5 millóns de dólares.
















No 18 está O Cabaleiro Escuro (2008), secuela de Batman Begins do 2005 baseadas na personaxe de Marvel que recadou 1.004.5 millóns de dólares.


No posto 17 atópase a primeira entrega de O Hobbit: Unha Viaxe Inesperada, baseada na historia de J.R Tolkien, que recadou 1.017 millóns de dólares.


Alicia no País das Marabillas,  do conto de Lewis Carroll, lévase o posto 16 da lista tras conseguir 1.024,2 millóns de dólares.

                                           

Chegando a recadar 1.027 millóns de dólares, o primeiro episodio da saga Star Wars (1999) colócase no quinceavo posto da lista.

                                          

Os dinosauros de Parque Xurásico (1993) gañaron 1.029,1 millóns de dólares e conseguen situarse no catorceavo posto.

                                          

Piratas do Caribe: En Mareas Misteriosas (2011) conseguen ocupar o treceavo posto desta lista de recadacións con 1.045,7 millóns de dólares.

 

No número 12 atópase a terceira entrega da película de animación de Pixar protagonizada por xoguetes, isto é Toy Story 3 (2010), con 1.063,1 millóns de dólares.


No posto 11 destaca outra entrega de Os Piratas do Caribe (2006); esta vez é a súa segunda entrega “O cofre do Home Morto” con 1.066 millóns de dólares.

                                                 

Na metade da lista repite o súper heroe Batman con O Cabaleiro Escuro: A Lenda Renace (2012) sumando 1.084,4 millóns de dólares.
















Na segunda metade do ránking, e coincidindo con aquelas películas que máis diñeiro obtiveron grazas ao público, atopamos as seguintes obras cinematográficas:

O noveno posto é ocupado por James Bond na súa entrega Skyfall (2012) con Daniel Craig no papel principal. Esta recadou 1.108,5 millóns de dólares.

                                        

Se subimos un posto atopámonos con outra obra escrita por J.R Tolkien: O señor dos Aneis. Esta é a súa última entrega O retorno do Rei (2003) que conseguiu 1.119,9 millóns de dólares.

                                      


Con 1.123,8 millóns de dólares a terceira entrega de Transformers, é dicir, “O Lado Escuro da Lúa” sitúase no sétimo lugar.


                                  
E se antes falabamos de Batman, no sexto lugar está Iron Man coa súa terceira entrega (2013) que obtivo como ingresos 1.215,4 millóns de dólares.

                                   



















No quinto lugar destaca outra película de animación, esta da factoría Disney, coñecida como Frozen (2013) que gañou 1.219,3 millóns de dólares.

                                    

Harry Potter repite nesta segunda metade da lista, no cuarto posto, coa súa última entrega Harry Potter e as Reliquias da Morte 2 (2011) con 1.341,5 millóns de dólares.

                                    




















A medalla de bronce é para outra película de súperheroes: Os Vingadores (2012) que tivo o privilexio de gañar 1.518,6 millóns de dólares.

               


A medalla de prata é para o drama Titanic (1997) que narra a historia real do navío que posuía o mesmo nome e recadou 2.186,7 millóns de dólares.

                                    
  

E a medalla de ouro posúea, polo momento, Avatar (2009) dirixida por James Cameron e da cal se espera a estrea de varias secuelas máis. Esta gañouse ó público xunto con 2.782,3 millóns de dólares.

                                       


E ti, cantas destas películas viches?