Slide

mércores

Mirando a través do visor

Son Itsaso Fernández Riveiro, a gañadora dun pequeno concurso de fotografía e fotógrafa da galería da revista dixital TRÉGOLA formada por alumnos/as do IES Santa Irene de Vigo.

A miña paixón fotográfica comezou cando hai uns anos fun de viaxe a Berlín e me fascinaba todo o que vía; as rúas, monumentos, museos, a xente... Todo o quería fotografar para ter o recordo de cada momento e experiencia. Ao chegar a 
Vigo, cando camiñaba pola rúa víao todo de forma distinta; a cada cousa que non parecía ter encanto, víalle o lado bonito e queríao reflectir.
Hai algo máis dun ano, agasalláronme cunha 
réflex, entón entrei pouco a pouco neste amplo mundo e no tempo que tiña libre saía de ruta fotográfica.
A cada excursión, viaxe, ou mesmo a dar un paseo ao sitio máis irrelevante levaba a cámara, descubrín que a fotografía era unha das miñas afeccións, o meu “hobbie”.

Sempre intento que me acompañe xente que teña idea sobre este tema e do pouco que sei,hai algo que teño moi claro: e é que gastar o diñeiro nunha cámara profesional para sacar fotos a si mesmo, usar o modo automático ou mesmo sacar fotos con 
flash pola noite resúltame absurdo(para iso están as cámaras compactas que fan absolutamente o mesmo. Omundo da fotografía vai máis alá. Trátase de pulsar o disparador en modo manual e ver a través do visor, xogar coa túa cámara e coñecela, que sexa a túa grande aliada e reflicta as cousas tal e como as ves, que cada fotografía teña sentimento.

Esta foi a foto coa que gañei o concurso “Casco Vello de Vigo”


A saída ao casco vello de Vigo dúroume tres horas o domingo e a foto esta sacada arredor das 12.00 da noite, como se pode apreciar xogo co “light painting”. A miña nai foi a que pintou "Vigo" coa lanterna do i phone , o diafragma esta aberto e ten un tempo de obturación de 30 s.
Presentei esta foto porque é a zona que máis me gusta de Vigo. Pódese apreciar a arquitectura dos edificios, as rúas, o Sireno (una zona moi emblemática), pero tamén o actual. Gústame moito porque é unha zona con vida e moi activa.





Cheguei a sacar arredor de 300 fotos entre as dúas saídas fotográficas. estas dúas saqueinas o sábado.














Por último aquí estou eu sacando as fotos e recollendo o meu premio no edificio Cambón.






¨A fotografía é a esencia do que cada un quere reflectir.¨


IFR










Ningún comentario:

Publicar un comentario