Slide

martes

O mellor agasallo

Que queres meniño pequeno?


Dime por qué choras?

Eu quero aquel xoguete

e que mo traian agora



Que queres nena bonita?

que é o que máis che apetece?

Eu quero esa boneca

esa tan bonita. Non che parece?



Que queres rapaz intelixente?

con só trece anos?

Eu quero aprobar o exame

sen estudar, xa me entendes.



Que queres rapaza presumida?

que é o que che gusta tanto?

Eu quero aquel mozo de alá

eu quero que me faga caso.



Que queres mozo preguiceiro,

que estas na universidade?

Eu quero unha festa

con centos de amizades.



Que queres ti moza,

coa carreira rematada?

Eu quero un traballo

de mestra ben pagado.



Que queres ti bo home

agora que tes traballo?

Eu quero vacacións e ver

O mundo sen estar asoballado.



Que queres ti boa muller,

agora con trinta e poucos anos?

Eu quero saúde e

un balneario privado.



E vostede que quere señor?

Que xa está na crise dos cincuenta?

Eu quero unha moto, ter

pelo e facer moitas ventas.



Que quere vostede señora?

aos seus setenta anos?

Eu só quero meniña, a familia

que é o mellor agasallo.