Slide

luns

Temas de actualidade


Indo de paseo polo noso mundo, vemos diferentes temas:

Comezando por Asia, observamos a problemática da superpoboación, que afecta tanto económica como socialmente a diferentes países. Porén, o que máis resalta da súa situación é a case inexistente liberdade de expresión respecto das mulleres, que está prohibida pola lei sálica. Unha lei arcaica que demostra a pouca fiabilidade nas mulleres, ao impedir a toma de decisións políticas pola súa parte. Unha lei imposta dende hai séculos, e que ninguén foi nin é capaz de erradicar da sociedade porque o resultado pode converterse nun caos para o continente.

En Rusia atopámonos coa homofobia, outro dos problemas sociais do día. A lei que camufla esta discriminación é chamada como a lei contra a propaganda homosexual, dada polo presidente Vladimir Putin. Grazas a este individuo, as parellas do mesmo sexo poden ser multadas por ir collidas da man, sancionadas coa deportación e todo por ser “unha terxiversación de orientacións sexuais tradicionais” segundo o presidente. Neste caso tamén vemos una prohibición da liberdade de expresión. Ademais disto podemos sumarlle a prohibición da adopción de nenos/as  de orixe rusa por homosexuais estranxeiros e a proposta de impedir que os homosexuais doen sangue. Isto seguro que axuda á sociedade en cuestión. Segundo unha enquisa do 74% dos rusos pensan que a homosexualidade non debe ser aceptada pola sociedade; pero que pasa co 26 % restante? É que non teñen razón, só porque a maioría pensa desta maneira?

Pasamos a Europa. Temos a Francia como punto de referencia de atentados, que se veñen producindo noutros puntos do mundo. O motivo de atacar a Francia, concretamente á revista de Charlie Hebdo, son as caricaturas de Mahoma reproducidas nesta revista, oportunidade perfecta para xustificar un ataque por parte dos grupos xihadistas.

Por último pasamos a Estados Unidos, un país con moitos problemas. O abuso policial comeza a evidenciarse en relación co racismo. O exemplo máis representativo é o dun afroamericano chamado Eric Garner, detido por un policía que acabaría coa súa vida nun inxusto abuso policial. Decenas de miles de persoas congregáronse en Nova York para demandar xustiza por casos como estes.

Continuamos coa sanidade, onde a factura sanitaria anual roza os dous billóns de euros, e na próxima década alcanzará os cuatro billóns. Unhas cifras que destacan o desafío da clase política estadounidense: reformar o seu sistema sanitario reducindo os custos e á vez incluíndo a quen non teñen seguro médico.

En resumo, todos os lugares teñen problemas, problemas que levan tempo no mundo e no que aínda seguimos na busca de solucións.

Melina Vaccaro Martella