Slide

martes

As "Sinsombrero"


Que é a xeración do 27? Esta xeración está formada por pensadores, artistas e ,sobre todo, poetas. Foi o grupo máis importante da idade de prata da literatura española. Este recoñecido grupo tivo compoñentes de gran renome como Federico García Lorca, Vicente Aleixandre, Dámaso Alonso, Gerardo Diego, Jorge Guillén, Pedro Salinas, Manuel Altolaguirre e Emilio Prados. Por desgraza a xeración do 27 non se mantivo moito teempo unida.

A Guerra Civil, a ditadura franquista... Salinas, Guillén e Cernuda exiliáronse a Estados Unidos, este último iría posteriormente a América do Sur. Albereti exiliouse a Arxentina para, ao igual que Gillén, regresar a España coa fin da ditadura. Dámaso, Aleixandre e Emilio Prados foron os únicos que ficaron en España. Lorca viviría en Nova York, onde escribiría Un poeta en Nueva York, pasaría unha etapa en Suramérica e sería asesinado o 19 de agosto de 1936 en Alfacar.

Despois deste pequeno resumo preguntarédesvos: Non había ningunha muller? As mulleres da xeración do 27 foron esquecidas pola historia.

Recentemente o grupo RTVE iniciaría unha campaña coa fin de sacar á luz o gran labor deste grupo de mulleres, facendo estas unha “aparición” na exitosa serie El ministerio del tiempo.

Esta parte da xeración do 27 denominada “las sinsombrero” tería compoñentes tan ilustres como Ernestina de Champourcín, poeta, Maruja Mallo, pintora, María Teresa León, Concha Méndez, poeta e editora, Marga Gil Roësset, escultora e ilustradora, Josefina de la Torre, escritora, poeta e actriz, Rosa Chacel, novelista, María Zambrano, filósofa.

O nome de “Sinsombrero” veu con motivo do seu acto de rebelión. Daquela, as señoritas de alta posición pasaban a Porta do Sol co sombreiro posto. Elas quitaron o sombreiro e os transeuntes reaccionaron con insultos, tachándoas de prostitutas e incluso chegando a agredirlas.

Ernestina de Champourcín naceu en Vitoria no ano 1905 e morreu en Madrid no 1999. Con vinte e un anos, residindo en Madrid, publicou o seu primeiro poemario. Ao iniciarse a guerra comezou a traballar como enfermeira. Finalmente exiliouse co seu marido Juan José Domenchina a Toulouse, París e México. Regresou a España no ano 1973. Escribiu durante toda a súa vida.

Maruxa Mallo naceu en Viveiro (Lugo) no 1902 e morreu en Madrid no ano 1995. Con vinte anos trasladouse a Madrid para estudar na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, onde estudou xunto a Lorca, Dalí... É xustamente Maruxa xunto coa súa amiga Margarita Manso quen deciden ir pola Porta do Sol de Madrid sen sombreiro. Ao estalar a Guerra Civil ocúltase en Vigo e mçais tarde trasládase a Portugal para logo ir a América. Pasou moito tempo en Bos Aires e Nova York, onde se instalou e recibiu un rápido recoñecemento. Mallo era unha pintora surrealista e gran precedente do PopArt americano. Regresou a España do exilio en 1965 e instalouse en Madrid, onde seguiu pintando ata a súa morte en 1995.

María Teresa León naceu en Logroño no ano 1903 e morreu en Madrid en 1988. Foi a primeira española en conseguir un doctorado en Filosofía e Letras. En 1929 publicou a súa primeira novela. Publicou máis de vinte libros. Xunto a Rafael Alberti, do que tamén era compañeira sentimental, levou a cabo numerosas iniciativas culturais, como a revista Octubre. Foi moi activa no teatro, como actriz, autora, directora de escena e ensaísta. Durante a Guerra Civil foi secretaria da Alianza de Escritores Antifascistas.

Concha Méndez naceu en Madrid no ano 1898 para morrer en México no ano 1986. Ademais da súa carreira como poeta e autora teatral tamén se dedicou á actividade editorial. Fundou en Madrid, xunto ao seu marido o tamén poeta Manuel Altolaguirre, a imprenta “La Verónica”, onde editaron la revista Héroe, que contou coa colaboración de moitos dos nomes da época. Exiliouse a París, logo foi á Habana e terminou instalándose finalmente en México. Alí volveron abrir unha imprenta desde onde editaron textos dos seus colegas españoles no exilio. En 1944 publicou Sombras y sueños, para moitos o seu mellor libro, tras o cal non volveu a publicar ata 1976, ano no que publicou o seu último poemario, Vida o río.


Marga Gil Roësset naceu en Madrid un día de 1908 uicidouse na súa cidade natal en 1932. Foi unha moza de gran talento. Aos seus 24 anos xa empezaba a ser coñecida como escultora e ilustradora. Presentouse ao mundo intelectual da man de Juan Ramón Jiménez e Zenobia Camprubí. Gran parte da súa obra foi destruída. A súa irmá Consuelo logrou salvar varias das suas obra, entre elas un diario, que resultou ser o seu mellor poemario. As causas do seu suicidio son aínda descoñecidas.


Josefina de la Torre naceu en Las Palmas de Gran Canaria en 1907 e faleceu en Madrid no ano 2002. Foiis coñecida como actriz e concertista que como poeta. En 1927 publicou o seu primeiro poemario e fundou xunto ao seu irmán Claudio a súa primeira compañía de teatro. Só publicou outro libro de poemas. Escribiu baixo o seudónimo de Laura Cominges algunhas novelas comerciais.


Rosa Chacel naceu en Valladolid en 1898 e morreu en Madrid en 1994. É unha das grandes novelistas españolas, aínda que esta non foi a súa primeira vocación. Exiliouse a Brasil e logo a Suiza. Terminou algunhas das súas obras en Madrid con bolsas de fundacións.


María Zambrano, naceu en 1904 en Vélez e morreu en Madrid no ano 1991. Foi unha filósofa recoñecida xa na época dos anos 30. Volveu de Chile a España o día que Bilbao caeu a mans das tropas franquistas. Cando a guerra terminou exiliouse e vagou por moitos países e universidades. En 1989 instalouse en Madrid onde viviu ata o día da súa morte. Despois da ditadura recibiu os premios Príncipe de Asturias e o Cervantes.



E aquí nos despedimos. Ata pronto! E lembrade que, non sodes só mulleres, sodes mulleres ao cadrado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario