Slide

mércores

Charlotte Cooper: Medallista


Un 22 de setembro de 1870 en Ealing, Londres, un matrimonio formado por un muiñeiro e a súa dona traerían ao mundo á pequea Charlotte Reinagle Cooper.

Charlotte comezou a xogar ao tenis no club da súa localidade. Malia quedar xorda con 26 anos sería coñecida como unha das mellores tenistas da súa época.

Ao longo da súa dilatada carreira só chegaría a utilizar dúas raquetas, unha para os partidos nos que ía bo tempo e outra diferente nos que aparecía a chuvia.

Utilizaba como medio de transporte para acudir ás competiciós, a bicicleta.

Gañou Wimblendon, en categoría individual, os anos 1895, 1896 e 1898.

No ano 1900 participou nos primeiros xogos olímpicos onde competían mulleres . Estes xogos disputáronse en París (Francia) e Charlotte levou o ouro, ou teríao levado de haber medallas. Así se convertiu na primeira muller en gañar un título olímpico.

Un ano despois casou con Alfred Sterry e gañou por cuarta vez o campionato de Wimblendon.

Deixou o tenis por unha tempada para se dedicar a Rex e Gwen, os seus dous fillos.

Sete anos despois, 1908, logrou a súa quinta vitoria en Winblendon e o récord, aínda vixente, como a muller máis veterana en gañar o dito campionato con 37 anos e 282 días.

Segiu xogando ata ben entrados os 50 anos. A súa filla Gwen foi tenista profesional e o seu fillo chegou á vicepresidencia do All England Club. O seu marido, avogado de profesión, foi presidente da London Tennis Asociation.

Charlotte Cooper faleceu o 10 de outubre de 1966 en Escocia, con 96 anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario